Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

ALGUNHAS DAS "COHERENCIAS" DE VALENTÍN

Imaxe
No seu xa coñecido estilo “ campechano ”, o Alcalde das Pontes e Presidente da Deputación da Coruña gusta de dar cátedra sobre multitude de temas, e pretende facelo sempre dende unha máis que dubidosa altura intelectual. Neste caso foise lucir en campo amigo, no Congreso da Federación de Industria da UXT galega. Alí non foi quen de lembrar o dano ocasionado por ese sindicato á economía local das Pontes coa sinatura do V Convenio do Grupo Endesa, ao eliminar a maior parte dos beneficios sociais do persoal activo e pasivo, a moitas persoas das Pontes, o que lle supuxo a Endesa un beneficio de 510 millóns de euros e a maior perda laboral que se deu na negociación dun convenio. Mais a súa “ coherencia ” non remata aí; no propio acto predicou a favor do emprego industrial, ese mesmo sector que dende que é Alcalde das Pontes está en caída libre, cun sector servizos que, segundo datos do IGE, xa representa o 65,9% dos empregos. E, xa postos, na mesma semana pode aparecer figurando como Alcald...

ESTRATEXIA GALEGA DE ENERXÍA. DOCUMENTO DA CIG

https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/estratexia-galega-enerxia-documento-da-cig/20250514211833222703.html  

AS PONTES: PERDA DE POBOACIÓN MOZA

Imaxe
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou recentemente as c ifras poboacionais de referencia, con datos de xullo de 2024. A súa consulta e análise no caso das Pontes é obrigada, sobre de todo para quen ten responsabilidades políticas. O que nos veñen dicir é que, máis unha vez, baixamos poboación , ata 9.751 habitantes. Isto, evidentemente, é un sinal claro do devalar da nosa Vila , nada novo nos últimos anos, nin sequera precisamos xa de datos oficiais, con darmos un simple paseo polo pobo vemos como foi caendo a vida socio-económica ; pola contra, canto máis perdemos máis gasta o Concello e a Alcaldía en publicidade e autobombo , o que realmente lle interesa ao PSOE local para manter unha ficción da que viven e cobran, e por certo moi ben. Mais os datos publicados polo IGE afondan na nosa crise demográfica : non é só perder poboación, co que isto significa negativamente, aínda é máis grave a perda de xente moza, unha sangría sen precedentes . A gráfica fala por si soa, evi...