Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

VALENTÍN, A RESIDENCIA E A DEPUTACIÓN

Imaxe
                                                                                                 Un dos proxectos da Residencia no Hospitalillo (maio 2019) O Alcalde das Pontes, e tamén Presidente da Deputación, é quen de facer repetidos anuncios que despois non se compren, sen custe algún; trátase de facer máis anuncios, iso si, sen explicar nunca que pasou cos anteriores. Tanto ten que fale de chan industrial (que non existe), como de proxectos empresariais (cantos leva anunciado?), como de axudas do Plan Miner ou da Transición Xusta (case que inexistentes); o certo é que consigue cunha foto tapar a anterior. E, dado o éxito do mét...

GALIZA XA CUMPRE O OBXECTIVO PARA O 2030

Imaxe
  O Plan Estatal Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) 2023-2030 considera que o 81% da xeración eléctrica do Estado no 2030 debe ser con renovábeis; como se pode comprobar, segundo os datos de Rede Eléctrica (REE), neste ano 2024 , e a falta dos datos de decembro, Galiza xa ten unha media do 84,5% .

O ALCALDE DAS PONTES E O HIDRÓXENO VERDE

Imaxe
  É ben coñecido que o Alcalde das Pontes distínguese por ser un vendedor de ilusións, de ilusións así de grandes (ver foto); nunca anuncia proxectos simples, non, iso pode facelo calquera, el vai sempre máis alá. Anunciou un Parque Industrial na Vilavella, pero  Tecnolóxico , industrial faino calquera, e ademais cun  Tecnolóxico semella que estamos máis preto de Silicon Velley.  como xa se sabe, tal parque nunca se fixo, nin Tecnolóxico nin como o de calquera outro concello; pero que máis ten, o anuncio e a palabra Tecnolóxico quedaban brutais. E que se pode escribir sobre dos anuncios da Residencia de Maiores, cunha chea de  formatos, co apoio de diferentes Administracións, en distintas ubicacións, ..., segundo o ano electoral que correspondese; e, no último anuncio, xa non lle chega con dicir que vai facer unha Residencia, senón que, tirando da súa permanente venda de ilusión, disque vai ser unha Residencia comarcal que vai rachar a pana , un edificio con ...