Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

QUE VAI PASAR CO PROXECTO DO HIDRÓXENO, VALENTÍN?

Imaxe
  As Pontes, dende hai anos, viña aplicando un criterio de prudencia no que se refire a posíbeis novos proxectos industriais, norma que rebentou e fixo desaparecer a “nova” forma de facer política con anuncios do goberno municipal do PSOE, sen medida algunha das súas consecuencias. O máis aconsellábel é facer análise dos datos oficiais públicos. E que se coñece no caso da planta de hidróxeno de Reganosa-EDP? O proxecto precisa de auga , como fonte do hidróxeno, para o que conta cunha concesión no lago dende marzo de 2024, pero na que Augas “ non garante a dispoñibilidade do caudal que pode aproveitarse ”, ademais de condicionala, xunto co resto de aproveitamentos, a manter o caudal ecolóxico do lago, dando prioridade ao bombeo previsto. Tamén necesita dunha subministración eléctrica , que debe ser de orixe renovábel. Os parque eólicos promovidos por EDP e tramitados no Estado non foron adiante, ademais de non ter permisos de acceso e conexión. Unha das partes básicas para que estes...

400 EMPREGOS, O NÚMERO MÁXICO DO ALCALDE

Imaxe
    Comeza a ser preocupante a obsesión do alcalde co número 400 referido ao emprego nas Pontes. Sexa cal sexa o ámbito industrial, o número de empregos ou de familias que viven del (sen dar ningún dato oficial para ese cálculo) sempre é 400¡¡¡ A sesión matemático-trileira máis recente do alcalde foi a do pasado 14, no sector forestal, como se pode apreciar na nova do inicio. Pero xa tivo outras no metal e na eólica. E en todas elas 400 empregos ou familias¡¡¡ O tema dá moito de si, mais imos facer só dúas consideracións. A primeira con datos oficiais referidos ás afiliacións á Seguridade Social nas Pontes por sectores, para que sexa posíbel facer a comprobación matemática dos datos do alcalde, que, como se pode apreciar, algún erro deben ter. E a outra para dicir o que o alcalde non quere ou non se atreve, aínda que sexa de actualidade e de moita importancia, sobre todo para contrastar ca fraude da chamada transición xusta . Todos e cada un deses sectores nas Ponte...

GALIZA: REFERENTE RENOVÁBEL SÓ CON "SENTIDIÑO"?

https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/galiza-referente-renovabel-so-sentidino/20250131213636215674.html