400 EMPREGOS, O NÚMERO MÁXICO DO ALCALDE

  



Comeza a ser preocupante a obsesión do alcalde co número 400 referido ao emprego nas Pontes. Sexa cal sexa o ámbito industrial, o número de empregos ou de familias que viven del (sen dar ningún dato oficial para ese cálculo) sempre é 400¡¡¡

A sesión matemático-trileira máis recente do alcalde foi a do pasado 14, no sector forestal, como se pode apreciar na nova do inicio. Pero xa tivo outras no metal e na eólica. E en todas elas 400 empregos ou familias¡¡¡



O tema dá moito de si, mais imos facer só dúas consideracións. A primeira con datos oficiais referidos ás afiliacións á Seguridade Social nas Pontes por sectores, para que sexa posíbel facer a comprobación matemática dos datos do alcalde, que, como se pode apreciar, algún erro deben ter.


E a outra para dicir o que o alcalde non quere ou non se atreve, aínda que sexa de actualidade e de moita importancia, sobre todo para contrastar ca fraude da chamada transición xusta.

Todos e cada un deses sectores nas Pontes teñen algo en común, e non é o 400 do alcalde, senón que de xeito directo ou indirecto, en menor ou maior medida, todas e cada unha desas empresas están nas Pontes polo Plano de Desenvolvemento Xunta-Endesa-Sindicatos; Plano forzado pola mobilización social e sindical no ano 1997 e que foi un instrumento útil e eficaz.

O esforzo do alcalde, si verdadeiramente o é, debe de ser o de esixir un novo Plano de Desenvolvemento para As Pontes, coa implicación do MITECO , da Xunta e, por suposto, de Endesa.

Vainos a vida.

Publicacións populares deste blog

VALENTÍN, A RESIDENCIA E A DEPUTACIÓN

VAISE SEN TER VIDO

DESMANTELAMENTO DA CENTRAL, AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL E REALIDADE LABORAL NAS PONTES