DESMANTELAMENTO DA CENTRAL, AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL E REALIDADE LABORAL NAS PONTES


Igual que o acontecido coas reformas na Central Térmica para adaptarse á Directiva de Emisións Industriais (DEI), era previsible que as obras do seu desmantelamento provoquen un incremento de afiliacións á Seguridade Social nas Pontes.

Sen embargo, nesta ocasión, e polo momento, os efectos non están a ser tan positivos como se agardaban
.


Como se pode comprobar, dende que se iniciou o desmantelamento, logo da licenza municipal express de xullo, os efectos no emprego son aínda cativos; pódese deber non só ao número de altas no propio desmantelamento, senón a que tamén danse baixas de afiliacións por xubilacións noutras empresas (no caso das Pontes, detéctase unha moderada perda de afiliacións no réxime de persoal Autónomo).

Na seguinte táboa si podemos ver como os traballos de adaptación á DEI, entre os anos 2017 e 2019, tiveron unha influencia importante nas afiliacións.


Pero esta gráfica móstranos tamén o gran baixada que tivemos de afiliacións dende que Goberna nas Pontes o PSOE.

Nos case 18 anos no goberno local, entre xuño de 2007 (que é cando entraron a gobernar) e marzo deste ano 2025, As Pontes perdeu 1.959 afiliacións, un 36% menos das que había inicialmente.

Estes datos son do global de afiliacións, é dicir, sumando tódolos modalidades: réxime xeral, agrario, fogar, persoas autónomas, etc. Pero se facemos o cálculo só de persoas no réxime xeral, é dicir, traballadores/as por conta allea, a caída entre xuño de 2007 e marzo de 2025 foi de case o 40%.

Ademais, como publicou recentemente o Instituto Galego de Estatística (IGE), os salarios nas Pontes, que antes estaban entre os máis altos dos galegos, agora baixaron ao concello nº 35, como se pode comprobar:



Perdemos afiliacións e perdemos ingresos salariais. Estes datos explican, en parte, a situacións socioeconómica das Pontes.

Pódese argumentar que todo isto non é responsabilidade do Concello, pero dificilmente se pode crear industria cando un pobo, denominado industrial, non fixo solo industrial en 18 anos, e iso si é responsabilidade municipal; como tamén o é instalarse na publicidade e no autobombo, e deixar pasar oportunidades, como fixeron co Plano do Carbón -no seu mandato non conseguiron nin unha soa inversión, deixaron ir, sen dar a batalla política e/ou xudicial, uns 54 millóns de euros-, ou como está a pasar agora co Fondo de Transición Xusta e os enganos do Estado e da Xunta.

E mentres, Endesa ao seu aire (ou mellor, ao noso vento).

Publicacións populares deste blog

VALENTÍN, A RESIDENCIA E A DEPUTACIÓN

VAISE SEN TER VIDO