PECHE DA CENTRAL, ORZAMENTOS DO CONCELLO, E SUBVENCIÓNS
Que os efectos do peche da Central Térmica serían moi negativos para As Pontes era un convencemento colectivo consensuado, aínda que o Alcalde, sempre instalado no autobombo, dixera na prensa que era unha “ grande oportunidade para reforzar o carácter industrial ”; e iso que xa coñecía os alarmantes resultados do estudo contratado polo Concello -que nunca presentado nin feito público- a unha equipa de investigación da Universidade da Coruña, con González Laxe. Pois ben, un deses efectos negativos xa ten consecuencias reais como a importante perda de ingresos municipais, uns 2,6 millóns euros menos anuais en impostos que Endesa xa deixou de pagar ao Concello. Ante esta previsíbel situación, o Grupo Municipal do BNG presentou unha moción no Concello instando a negociar co Estado unha compensación por esta significativa perda de ingresos, produto de decisións políticas que afectaron á vida da Central; no Pleno do Concello aprobouse por unanimidade , mesmo a “ desaparecida ” Depu...