O 24 de novembro Teresa Ribera deixou de ser a responsábel do MITECO, e fíxoo sen ter visitado As Pontes durante os 6 anos que ocupou o cargo, nin sequera durante a campaña das últimas europeas na que era candidata. E non sería por non ter relación coa nosa Vila, que a tivo, e moita, pero para nada foi unha boa relación; as súas decisións foron moi prexudiciais, tanto que o propio alcalde chegou até liderar unha manifestación multitudinaria a Madrid (como ela non viña); tamén é certo que, sen saber o por que, o alcalde abandonou a proposta e, tamén, ao seu pobo, sen explicación algunha. O seu malquerer nas Pontes tivo un anuncio previo cunhas declaracións dun Secretario de Estado de Enerxía, en novembro de 2018, moi preto dunhas municipais, sobre de que a Central non duraría máis aló de 2030 (vaia se tiña razón), que motivaron o desmentido do Delegado do Goberno en Galiza, un tal Javier Losada (“ quiero dejarlo muy claro, As Pontes no se va a cerrar, va a seguir abierta ”), e...