VALENTÍN, A RESIDENCIA E A DEPUTACIÓN
Un dos proxectos da Residencia no Hospitalillo (maio 2019) O Alcalde das Pontes, e tamén Presidente da Deputación, é quen de facer repetidos anuncios que despois non se compren, sen custe algún; trátase de facer máis anuncios, iso si, sen explicar nunca que pasou cos anteriores. Tanto ten que fale de chan industrial (que non existe), como de proxectos empresariais (cantos leva anunciado?), como de axudas do Plan Miner ou da Transición Xusta (case que inexistentes); o certo é que consigue cunha foto tapar a anterior. E, dado o éxito do mét...