FUTURO DE ENDESA NAS PONTES
Nos últimos anos, sobre todo dende a campaña das
eleccións municipais, asistimos a un boom de anuncios de novas empresas sen
que, pasado este tempo, teñamos nada concreto.
Sen embargo coméntase menos o futuro dalgunha empresa
nas Pontes, como as desaparicións de empresas históricas (Autobuses Gabeiras
ou Transportes Canosa). Pechada a Central Térmica e pendente o inicio do seu
desmantelamento, queda de saber que instalacións desa Central poden ser
catalogadas como BIC e/ou utilizadas para outros usos máis inmediatos; en calquera caso, o peche xa oficial está a supor unha perda
significativa de ingresos ao Concello en concepto de BICES (Ben inmoble de Características Especiais) e de IAE (Imposto de Actividades Económicas).
A Endesa quédalle a Central de Ciclo Combinado, que
tamén supón un ingreso municipal moi importante polo BICES e IAE; por iso sorprende que a pesar
de que Endesa, na súa planificación, veña anunciando que vai desfacerse do negocio do gas, o Concello non manifeste preocupación algunha, manténdose aínda instalado na mentira da “Transición Xusta”.