DEPUTACIÓN DA CORUÑA E RESIDENCIAS DE MAIORES

Nas Pontes xa estamos afeitos a incumpridos anuncios de construción dunha Residencia Pública de Maiores, xa é algo habitual nos últimos 17 anos e en todas e cada unha das campañas electorais da municipais.

O último anuncio trae a promesa de que vai ser a Deputación da Coruña quen asuma este investimento, con Residencias de ámbito Comarcal nos Concellos das Pontes, Ordes e Rianxo; pero non só iso, senón que véndese como unha realización novidosa e, por iso, experimental.

Pero, por favor, menos propaganda; non lles fai falta viaxar moito para ver como a Deputación de Lugo leva xa anos facendo todo iso.

Axuntamos a información sobre os Orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2025 nesta materia, no capítulo de Protección Social:


Xa teñen nove Residencias en: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Trabada, Cartoverde, Ribadeo, Meira, Navia de Suarna, Ribas de Sil. E están traballando para ter outras nove.

Na Deputación da Coruña semella que non o saben. En fin.

 

Residencia de Maiores en MEIRA (Lugo), da Deputación de Lugo


Publicacións populares deste blog

VALENTÍN, A RESIDENCIA E A DEPUTACIÓN

VAISE SEN TER VIDO

DESMANTELAMENTO DA CENTRAL, AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL E REALIDADE LABORAL NAS PONTES