AS PONTES, EMPRESAS, E TRANSICIÓN XUSTA
Dende que goberna o PSOE nas Pontes moitos foron os
anuncios de creación de emprego, pero a partires do 2019, co inicio do peche da Central Térmica e da denominada Transición Xusta, estes
anuncios de novas empresas incrementáronse exponencialmente, na campaña das
Eleccións Municipais raro era o día que o Alcalde non publicase a implantación
dunha nova empresa. Pero, de momento, só existen os anuncios.
A realidade é a información que dá o IGE (Instituto
Galego de Estatística) sobre o número de empresas que hai nas Pontes; 809 no
ano 2019, cando se inicia a Transición Xusta e, no 2023, baixamos a 751.
Nestes datos recóllense as diferentes modalidades de empresas, pero para ter unha información máis de detalle, podemos ver só as que son Sociedades Anónimas (S.A.), que teñen un maior peso económico e de emprego.
E, por último, a afectación ás empresas de persoas autónomas.
Con estes datos oficiais, o PSOE das Pontes continúa
como se nada pasase, están instalados na felicidade e tamén na
irresponsabilidade; sen chan industrial, sen demandar un plan industrial
específico para As Pontes, con depreciación das propiedades, ...., hai xa tempo
que o PSOE das Pontes deixou perder a iniciativa industrial que, dende diferentes
ámbitos, se impulsaba.
Hai non tanto tempo, este goberno municipal, sen explicación algunha, decidiu eliminar o Comité de Crise; suponse que pensan que As Pontes non está en ningunha crise, mais os datos do IGE din outra cousa, o mesmo que a realidade cotiá.