AS PONTES: MÁIS DATOS OFICIAIS (E REAIS)
Desta volta imos aos datos da Seguridade Social para comprobar a realidade das Pontes. Como se pode evidenciar, dende que goberna Valentín nas Pontes, baixamos en 1.772 as persoas de alta, polo tanto, cun contrato de traballo.
O dato de 3.505 altas na Seguridade Social é o máis baixo dende 2003.
Ao comparalo co dato publicado pola Voz de Galicia o domingo, que fixaba en 3.038 o número de pensionistas nas Pontes, temos unha proporción de 1,2 persoas traballando por cada pensionista.
Claro que tamén é posíbel que o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións contribúa a "amosar unha imaxe terxiversada da Vila", ao apoiar, coa súa información, a visión de quen convoca para o domingo 19 unha manifestación "propagandística dunha formación sindical", facendo das Pontes o seu "protestómetro".
Xa sabedes que, segundo o goberno municipal, "moitas das empresas dos polígonos non encontran traballadores". En fin, así nos vai.