MANIFESTACIÓN DA CIG, VALENTÍN E A PRENSA

 


Ante a convocatoria dunha Manifestación da CIG, o domingo día 19, o Alcalde das Pontes tivo unha intervención no Pleno do Concello no que acusaba a ese sindicato de facer das Pontes un lugar de reivindicación, cando para o Alcalde e os seus asalariados concelleiros e concelleiras, As Pontes está perfectamente, "As Pontes va bien”, que diría Aznar.

Como dicilo nun Pleno do Concello non chegaba, o Alcalde empregou o seu poder mediático para que todos os xornais convencionais publicasen, o sábado anterior á convocatoria de Manifestación, a nota de prensa oficial do Concello sobre a baixada do  paro nas Pontes; nalgúns xornais esa nota de prensa saíu publicado sen ningún retoque, exactamente igual que a nota do Concello.

Nesa prensa non atopamos ningunha reflexión pola perda constante de poboación (sobre todo moza), a caída na afiliación á Seguridade Social dende que goberna o PSOE (máis de 1.700 persoas), nin á perda patrimonial das propiedades nas Pontes, ou dos baixos comerciais pechados (hai rúas das Pontes xa sen ningún comercio nin bar). En fin, a submisión deses medios de comunicación foi total ao ditado do PSOE local.

Mais para chegarmos a este grado de control mediático debemos reparar nos gastos que fai o Concello en publicidade e prensa, nisto Valentín é extremadamente xeneroso.

 
 

E non nos referimos só en anunciar eventos sociais que haxa nas Pontes, non; queremos facer especial mención a diferentes entrevistas, tanto en prensa escrita como en radio, que o Goberno Municipal paga. Sorprenderíalle saber á sociedade que cando vemos algunhas entrevistas publicadas, estas non aparecen polo seu suposto interese mediático, non, son publicadas porque o Concello (toda a veciñanza) paga por elas, e non poucos cartos.

 

Deste xeito foi construíndo o noso Alcalde unha imaxe de campechano e até de “gran xestor”, mais a realidade é evidente, nin sequera fan falta dar datos socioeconómicos, chega con darse un paseo polas Pontes calquera día, só iso, un simple paseo; o que outrora foi un pobo vivo hoxe languidece e, pola contra, quen di que o goberna está pletórico.
Pero a hemeroteca .....



E así nos vai.














Publicacións populares deste blog

VALENTÍN, A RESIDENCIA E A DEPUTACIÓN

VAISE SEN TER VIDO

DESMANTELAMENTO DA CENTRAL, AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL E REALIDADE LABORAL NAS PONTES