PROXECTO DAS RODAS: AS PONTES PRECISA EXPLICACIÓNS
Vai tempo que dende o goberno municipal do
PSOE non falan do proxecto de Sentury Tire, coñecido como o das rodas, que co
seu anuncio de 750 empregos, nunha primeira fase, sería unha parte moi
importante, a fundamental, para dar solución á problemática socioeconómica
xerada polo peche da Central.
É sospeitoso e preocupante o silencio do PSOE,
mais cando a súa Concelleira de Industria, hoxe alcaldesa en funcións, chegou a
anunciar o inicio das obras no 2023, sen cautela algunha.
Até o Alcalde, tamén sen cautela algunha e de
xeito irresponsábel, trasladou expectativas laborais ao persoal das Auxiliares,
mediante a sinatura dun convenio, por suposto ben publicitado, que de nada
valeu ao non impedir os seus despidos e/ou traslados fóra das Pontes, incluídas
as represalias e vetos a algún dos seus representantes sindicais.
Pechadas ou sen convocatorias dende vai anos
as mesas sobre das Pontes en Madrid e en Compostela, disolto de xeito
unilateral e sen explicación o Comité de Crise, alguén debería de dar
explicacións do que está a acontecer co proxecto máis importante, en investimento
e emprego, de todos os anunciados. E debe ser aquel que asumiu o papel de
líder, do maior coñecedor dos proxectos:
Se tanto sabe, Valentín ten a obriga de explicalo a
todas as persoas das Pontes. E o seu deber.