EVOLUÍR DAS PONTES SEGUNDO O IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (I.A.E.)
Disque "todo depende da cor do cristal coa que se mire". Pois hoxe publícase no Boletín da Provincia da Coruña un anuncio do Concello que permite analizar a situación das Pontes sen dita dependencia, só con facer unha secuencia temporal do indicador obxectivo e imparcial que se publica.
O Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) é o tributo obrigatorio ingresado polo Concello, que se aplica a autónomas e empresas por realizar unha actividade profesional, empresarial ou artística, con ou sin local; cando o importe neto da súa cifra de negocios é inferior ao millón de euros, están exentas do seu pago.
Mais alá das profusa propaganda e autobombo da Alcaldía (moita dela pagada cos nosos impostos), os datos do I.A.E. son deses dos que nunca se comentan dende o PSOE local, xa que prefiren “vendernos” unha situación esplendorosa e un futuro idílico que, curiosamente, choca coa realidade do día a día da nosa Vila.
A xustificación de dito comportamento cos datos do I.A.E., da súa realidade, é que definen á perfección a situación da vida económica das Pontes.
A esta perda de ingresos hai que sumarlle a caída que se vai producir na contribución (I.B.I.), especificamente en ingresos de ENDESA pola Central Térmica de carbón, o que, antes ou despois vai provocar que as contas do Concello, nos ingresos e non gastos, precisen dunha profunda revisión.
Tamén evidencian os datos a perda de empresas nas Pontes den que goberna o PSOE:
Pero, cal debe ser a nosa, a de todas e cada unha de nós?