Publicacións

EMPREGO E DESMANTELAMENTO DA CENTRAL NAS PONTES, MÁIS PROMESAS E COMPROMISOS INCUMPRIDOS

Imaxe
Cando Endesa anunciou o peche definitivo da Central Térmica fixo publicidade de novos proxectos industriais, mais ningún existe na actualidade; un deles era a maior central de xeración de hidróxeno verde no ámbito estatal, que só dependía de Endesa, para a que ten comunicado hai tempo a súa renuncia e abandono, pero que a índa hoxe anuncia na súa web xunto co das rodas de Sentury . Neste despropósito no que sen convertido a farsa da Transición Xusta nas Pontes, a hemeroteca é moi cruel, e iso que pasou moi pouco tempo. Xa daquela chamaba moito a atención as demandas do Alcalde a Endesa para conservar determinadas instalacións, cando poucos días antes tiña concedida a licenza municipal para tiralas. Pero a estas alturas doe, e moito, ler como o propio Alcalde dunha Vila á que lle pechan, de xeito desordenado, a Térmica, di textualmente: “ Hay que pasar página, y cuanto antes mejor”. Mais Endesa e o goberno municipal, o seu fiel e entregado aliado, tamén publicaron que o desmantelamento ...

ESPECTÁCULOS AS PONTES: unha empresa, un xornal, un alcalde, e un opinador

Imaxe
O de anunciar “grandes proxectos industriais” para As Pontes empeza a converterse nun clásico dun xornal que sempre nos trae “novas exclusivas”; por non cansar, só nos últimos dous anos e medio lévanse anunciado a “toda páxina”: Dúas centrais de hidróxeno, dúas centrais de bombeo, unha fábrica de rodas, unha de fibras téxtiles e unha de amoníaco, ademais duns cantos parques eólicos. A realidade, de momento, nada de nada, ou mellor dito, nese mesmo tempo pechamos a térmica de carbón, sen solución para o persoal de auxiliares, e tamén estase para rematar co peche de Einsa; en definitiva, as perdas son reais e o futuro quédase nas páxinas do xornal. Agora, coa colaboración dun opinador, infórmannos que é prioritario tirar a cheminea, supoñemos que tamén do resto das instalacións, parque de carbóns incluído; seica hai outra promesa dunha nova empresa que, ademais, está xa elaborando coa enxeñería “básica” para instalarse nos terreos da central; loxicamente os estudos deben ser moi “básicos...

18 ANOS DE GOBERNOS MUNICIPAIS DO PSOE NAS PONTES, MAIORÍA DE IDADE

Imaxe
Hai 18 anos que o PSOE das Pontes chegaba ao goberno municipal , sobre a base de promesas aínda hoxe incumpridas , como a da creación de 1.500 postos de traballo . 18 anos é unha idade moi simbólica, a da maioría de idade, na que, na actualidade, pódese votar e mesmo conducir un vehículo. Nos tempos da política, gobernar 18 anos é tempo dabondo para sabermos dos logros acadados ou , pola contra, como pasa nas Pontes, das desfeitas social, laboral e económica provocadas . Por iso, chegar a esta “maioría de idade” permítenos avaliar os cambios que houbo nas Pontes, saber se, como publicou o alcalde nunha entrevista no seu xornal de referencia (publicidade que pagamos entre toda a veciñanza), “ As Pontes deu un estirón ” , ou o máis recente anuncio, hai dous anos, nunhas xornadas nas que colaboraba co MITECO para vendernos esa tomadura de pelo que denominaban Transición Xusta onde, nun alarde de desmesura, chegou a vaticinar que “ As Pontes en cinco ou dez anos vai ser unha cidade” . Ca...

DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA, INDUSTRIALIZACIÓN E AUTOGOBERNO

https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/distribucion-electrica-industrializacion-autogoberno/20250704220410227178.html  

NIN O MITECO PODE DISIMULAR O FRACASO DA TRANSICIÓN XUSTA NAS PONTES

Imaxe
Veñen de cumprirse 5 anos da sinatura do “ Acuerdo por una una Transición Energética Justa para Centrales Térmicas en Cierre: el Empleo, la Industria y los Territorios ”, en Madrid, entre a por entón ministra Teresa Ribera, a hoxe aínda ministra Iolanda Díaz, o representante de Endesa José Bogas, e dúas persoas en representación de CCOO e UXT. Lembremos que de dito acordo circulan dúas versións, do mesmo día e hora, unha xenérica de todas as empresas e outra só para Endesa, con datos referidos ao emprego destruído nas Pontes distintos. Unha delas fixaba en 366, dos que 197 era, do persoal propio e 169 das Auxiliares, aos que a outra engadía uns 160 de transportistas do carbón. Con todo, calquera delas estaba moi por baixo dos 1.178 determinados pola Universidade da Coruña (UdC) en marzo de 2021, nun estudo para o Concello. No meritado acordo, a parte do desenvolvemento alternativo con novos proxectos é responsabilidade case que exclusiva de Endesa, na súa xestión e execución, o que se...

PENSIONISTAS E AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL NAS PONTES

Imaxe
O IGE (Instituto Galego de Estatística) vén de publicar os datos sobre pensións na Galiza, e, como xa recollían estatísticas de anos anteriores, As Pontes ten o importe medio de pensión máis alto de Galiza con 1.842,48 euros. O dato é relevante para entender a realidade socioeconómica da nosa Vila. A ninguén se lle escapa que estas pensións son o resultado das cotizacións anteriores, produto dunha Vila industrial como a nosa, onde, ademais, tivemos unha empresa cun número moi importante de traballadoras con gran actividade sindical e mobilizadora que, entre outros logros -tamén para o conxunto do pobo-, acadaron unha condicións salariais dignas. Porén, este dato de termos a pensión máxima do País, produto do pasado, non debe agochar a realidade actual, que, loxicamente, define o presente pero tamén o futuro. Na actualidade, As Pontes está no posto 35 na relación de salarios brutos mensuais na Galiza, con 2.033 euros, nivel salarial moi preocupante dende o punto de vista das pensións ...

EVOLUÍR DAS PONTES SEGUNDO O IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (I.A.E.)

Imaxe
Disque "todo depende da cor do cristal coa que se mire". Pois hoxe publícase no Boletín da Provincia da Coruña un anuncio do Concello que permite analizar a situación das Pontes sen dita dependencia, só con facer unha secuencia temporal do indicador obxectivo e imparcial que se publica. O Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) é o tributo obrigatorio ingresado polo Concello, que se aplica a autónomas e empresas por realizar unha actividade profesional, empresarial ou artística, con ou sin local; cando o importe neto da súa cifra de negocios é inferior ao millón de euros, están exentas do seu pago. Mais alá das profusa propaganda e autobombo da Alcaldía (moita dela pagada cos nosos impostos), os datos do I.A.E. son deses dos que nunca se comentan dende o PSOE local, xa que prefiren “vendernos” unha situación esplendorosa e un futuro idílico que, curiosamente, choca coa realidade do día a día da nosa Vila. A xustificación de dito comportamento cos datos do I.A.E., da súa re...