O GOBERNO VASCO FAI PARTE DUNHA EMPRESA NAS PONTES

Recentemente coñecemos a compra da empresa Arteixo Telecom, situada en Penapurreira, por parte do grupo empresarial vasco Ohmnia, liderado polo empresario José Antonio Jainaga, que é presidente de Sidenor e que actualmente aparece moito na prensa económica como posíbel comprador de Talgo.

Agora, o Goberno Vasco, a través da Finkatuz -o fondo público de investimento do Instituto Vasco de Finanzas- vén de entrar no accionariado de Ohmnia, o que, en termos prácticos, significa que o Goberno Vasco é un accionista significativo en Arteixo Telecom das Pontes.

Este é un exemplo práctico da política industrial que desenvolve o Goberno Vasco. Dende logo, non hai comparación coas actuacións da Xunta de Galiza, que limita a súa política industrial a ser unha xestoría que tramita documentación e converterse en mera espectadora do que acontece coa industria no noso País. E o mesmo pódese aplicar noutros ámbitos, incluso nos que Galiza ten mellores recursos propios, nomeadamente o enerxético.

A dúbida nesta operación, dende unha visión galega, é saber se o Goberno Vasco só busca un beneficio económico ou algo máis, o tempo vainos clarificar o obxectivos desta operación.


(Pola súa relación, recomendamos o artigo "Un Erasmus+ no País Vasco": https://colectivobidan.blogspot.com/2025/06/un-erasmus-no-pais-vasco.html)

Publicacións populares deste blog

VALENTÍN, A RESIDENCIA E A DEPUTACIÓN

VAISE SEN TER VIDO

DESMANTELAMENTO DA CENTRAL, AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL E REALIDADE LABORAL NAS PONTES