NIN O MITECO PODE DISIMULAR O FRACASO DA TRANSICIÓN XUSTA NAS PONTES
Veñen de cumprirse 5 anos da sinatura do “ Acuerdo por una una Transición Energética Justa para Centrales Térmicas en Cierre: el Empleo, la Industria y los Territorios ”, en Madrid, entre a por entón ministra Teresa Ribera, a hoxe aínda ministra Iolanda Díaz, o representante de Endesa José Bogas, e dúas persoas en representación de CCOO e UXT. Lembremos que de dito acordo circulan dúas versións, do mesmo día e hora, unha xenérica de todas as empresas e outra só para Endesa, con datos referidos ao emprego destruído nas Pontes distintos. Unha delas fixaba en 366, dos que 197 era, do persoal propio e 169 das Auxiliares, aos que a outra engadía uns 160 de transportistas do carbón. Con todo, calquera delas estaba moi por baixo dos 1.178 determinados pola Universidade da Coruña (UdC) en marzo de 2021, nun estudo para o Concello. No meritado acordo, a parte do desenvolvemento alternativo con novos proxectos é responsabilidade case que exclusiva de Endesa, na súa xestión e execución, o que se...