PROXECTO DAS RODAS: AS PONTES PRECISA EXPLICACIÓNS
Vai tempo que dende o goberno municipal do PSOE non falan do proxecto de Sentury Tire, coñecido como o das rodas, que co seu anuncio de 750 empregos, nunha primeira fase, sería unha parte moi importante, a fundamental, para dar solución á problemática socioeconómica xerada polo peche da Central. É sospeitoso e preocupante o silencio do PSOE, mais cando a súa Concelleira de Industria, hoxe alcaldesa en funcións, chegou a anunciar o inicio das obras no 2023, sen cautela algunha. Até o Alcalde, tamén sen cautela algunha e de xeito irresponsábel, trasladou expectativas laborais ao persoal das Auxiliares, mediante a sinatura dun convenio, por suposto ben publicitado, que de nada valeu ao non impedir os seus despidos e/ou traslados fóra das Pontes, incluídas as represalias e vetos a algún dos seus representantes sindicais. Pechadas ou sen convocatorias dende vai anos as mesas sobre das Pontes en Madrid e en Compostela, disolto de xeito unilateral e sen explicación o Comit...